A Xunta pon en valor os 12,5M€ investidos en 24 obradoiros de emprego da provincia de ourense dos que se beneficiarán preto de medio milleiro de persoas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén,  mantivo esta mañá un encontro con directores e administrativos dos novos obradoiros de emprego que se desenvolverán na provincia. En concreto, serán 24 iniciativas -22 duais e dúas de garantía xuvenil- das que se prevén beneficiar 472 persoas e que supoñen un investimento por parte do Goberno galego de 12,5 millóns de euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xuntanza quedou patente a aposta da Xunta por formar e mellorar as oportunidades laborais das galegas e galegos, neste caso con obradoiros de emprego dos que se beneficiarán o conxunto de comarcas ourensás, algunha delas mesmo con máis dunha iniciativa.

Predominan os obradoiros duais, que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a formación e a realización remunerada de obras ou servizos de interese xeral e social nos concellos beneficiarios. Neste caso, os 22 concedidos en Ourense teñen que ver coa carpintaría, a albanalería ou o mantemento de montes e xardíns e prevese que neles participen 440 persoas.

Canto aos obradoiros de garantía xuvenil, serán dous, cun total de 32 persoas menores de 30 anos participantes, para centrarse na atención sociosanitaria a persoas dependentes en distintas institucións, a realización de tratamentos silvícolas ou a limpeza de camiños.

Gabriel Alén puxo de relevo que os campos e labores concretos elixidos para os obradoiros de emprego da provincia de Ourense non só redundarán no beneficio dos municipios implicados senón -especialmente- no das persoas participantes, xa que recibirán unha formación e comezarán a traballar en eidos de alta demanda, o que lles facilitará a súa entrada efectiva no mercado laboral.

Cómpre engadir que os orzamentos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de 2024 destinarán máis de 73 millóns de euros a seguir apostando polos obradoiros, os programas integrados de emprego e a orientación laboral para seguir xerando emprego e riqueza en Galicia.