A xestión política das melloras no Estadio Municipal de Espiñedo que se veñen demandando hai anos foi un fracaso absoluto e non acompañan aos éxitos deportivos do Arenteiro.
En moitos milleiros de euros se poden cuantificar as perdas para a economía local.
O Carballiño, 15 de decembro de 2023.
O Carballiño vai vivir este domingo un día histórico a nivel deportivo. Todo un Real Club Deportivo da Coruña, campión de Liga, campión de Copa e semifinalista de Champions non hai tanto tempo visitará Espiñedo en partido de liga de Primeira Federación.
Este fito dá conta do gran momento que está a vivir o noso Arenteiro e do que todos estamos profundamente orgullosos.
Sen embargo, a felicidade vaise quedar a medias pois a única responsabilidade municipal para apoiar ao equipo verde volta a ser un fracaso estrépitoso e as instalacións municipais non van a estar á altura do que as circunstancias requiren.
Son centos os afeccionados do Dépor que non van vir á nosa vila este domingo ao non poder conseguir unha entrada para o partido debido á escaseza de aforo do estadio municipal. Tamén son moitos os veciños da nosa comarca que non poderán asistir ao encontro pola mesma razón.
A perda que isto supón para a economía local é moi importante e só hai un responsable: o Concello. Tódalas excusas esgrimidas ata o de agora non pasan diso pois Fumega e o seu equipo contaron con tempo suficiente para ter esto previsto e resolto.
Fai moitos meses que se contaba con estes partidos (aínda virán Lugo, Ponferradina, Barça B…) e incluso se aprobou hai xa moitos meses en pleno unha moción de Espazo Común para acometer as melloras necesarias.
É hora de deixar de figurar nas fotos e non resolver os problemas, agardemos que para vindeiros envites do Arenteiro, esta circunstancia estea solventada por fin.