As Xociviga deron comezo ca proxección de “O Corno”

O mes de decembro será un mes de cultura. Despois do FETEGA a pasada semana comezaron hoxe as XOCIVIGA, Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia.

Abriu o cartel o filme “O Corno”, de Jaione Camborda, cuncha de ouro no festival de San Sebastián. E pola tarde, Falcon Lake de Carlotte Le Bon.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para mañá xoves, teremos so sesión de tarde, neste caso de novo ás 20:30 horas no auditorio Manuel María, co filme “L’envol”, de Pietro Marcello. Juliette creceu soa co seu pai Raphaël no norte de Francia. A novidade deste ano tamén será o concurso de pezas de tik tok, para incentivar á xente nova a participar no mundo do cine a través das redes sociais.