Dar Trela representará de novo “Cabaret enxebre” ante a boa acollida da súa estrea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo carballiñés Dar Trela Teatro volverá a representar a súa obra de creación propia “Cabaret enxebre” grazas ao gran éxito que tivo a súa dobre estrea. 13 actores e actrices en 80 minutos mesturan comedia, crítica social,  música, baile, sensibilidade,  nun exercicio teatral baixo a dirección de Fernando González.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a gran resposta do público o colectivo proxecta unha nova función dun espectáculo diferente, innovador e moi especial.

A representación será este vindeiro sábado, día 30 de decembro, ás 19:00 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño. O prezo da entrada é de 5 euros e non está recomendada para menores de 13 anos.