Aprobado no Consello da Xunta do día 21 de decembro
Transfírense á entidade local a vía OU-172 de 780 metros de lonxitude, que discorre
entre a N-541 e o quilómetro 27+670 da OU-902; e os treitos antigos da OU-902,
denominados OU-171 e OU-173, na Esgueva e na Veiga, respectivamente
― A Xunta mantén a titularidade dos nós de conexión da OU-172 e dos treitos antigos
OU-171 e OU-173 coa estrada OU-902
― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten entre as súas funcións a
tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes
dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades provinciais e locais
― Co cambio de titularidade, o Concello do Carballiño terá a competencia para actuar
nestes treitos e asume a súa conservación e mantemento
― O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico terá efecto desde o día
seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia
O Consello da Xunta autorizou hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de
titularidade a prol do Concello do Carballiño de distintos treitos en tres estradas
autonómicas ao seu paso polo municipio.
Trátase da estrada OU-172, de 780 metros de lonxitude que discorre entre a N-541 e o
quilómetro 27+670 da OU-902; e dos treitos antigos da OU-902, denominados OU-171 e
OU-173, na Esgueva, e na Veiga, de 1.057 e 680 metros de lonxitude, respectivamente.
A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos
competentes, formulou a proposta favorable á cesión da titularidade destas vías
autonómicas. Tamén se establece que os nós de conexión da OU-172 e dos treitos
antigos OU-171 e OU-173 coa estrada OU-902 seguirán sendo de titularidade autonómica.
A transferencia destes treitos tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de
xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, por
proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia
de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
O Departamento de Infraestruturas da Xunta ten entre as súas funcións a tramitación
dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da
Comunidade Autónoma e das entidades provinciais e locais.
Co cambio de titularidade, o Concello do Carballiño terá a competencia para actuar
nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día
seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Plano dos treitos dos treitos das vías autonómicas obxecto do cambio de titularidade
autorizado hoxe:

