O concello decide suspender a feira do próximo luns

O secretario do concello do Carballiño xa asinou esta semana o informe de cancelación da feira que tería que celebrarse o próximo luns. A este acordo chegaron tanto a alcaldía como a concellería de Medio Rural, dadas as medidas restritivas que están en marcha ata a xornada de hoxe no Carballiño.

Publicidade

Consideran que, aínda que comité da Xunta decida hoxe alixeirar as restricións, os locais de hostalaría seguen pechados e os desprazamentos limitados, polo que non tería sentido celebrar o mercado local nesas condicións.

Dende o concello están estudando a posibilidade de eximir ós comerciantes do pago de taxas, pero aínda non saben se a tramitación legal llo permitirá facer neste exercicio.