O concello de San Cibrao das Viñas aproba un orzamento de máis de sete millóns de euros para 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Incrementouse de 598.448,51€, un 9,18% máis respecto ao presuposto de 2023.
  • Este novo orzamento contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte a inflación, ao funcionamiento dos servizos municipais e poder seguir mellorando a calidade de vida dos veciños.
  • Ademais non hai un incremento de impostos para os cidadadáns de San Cibrao das Viñas que continuará mantendo un capital vivo por operación de edebedamento de cero euros.

San Cibrao das Viñas, mércores 3 de xaneiro de 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá tivo lugar o pleno municipal no que se aprobou o orzamento anual para o 2024 do Concello de San Cibrao das Viñas. O presuposto para este novo ano ascende á cifra de 7.114.236,79 €. Deuse un incremento de 598.448,51€, un 9,18% máis en relación ao 2023.

A aprobación foi resultado da votación con 11 votos a favor do grupo de goberno e 2 votos en contra da oposición.

“Trátase dun novo orzamento que contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte aos gastos, tanto para o funcionamiento dos servizos municipais como para mellorar a calidade de vida dos veciños”, asegura a alcaldesa, Marta Nóvoa.

“Tamén conteplamos a subida de prezos que estamos a sufrir como consecuencia da elevada inflación”, sinala a edil municipal, confirmando que se respeta o principio de transparencia.

Ademais da subida para gastos municipais, non se van incrementar os impostos aos veciños, pois non se actualizou a subida do IPC en ningunha cantidade a pagar polos cidadáns.

Por outra banda, con estes orzamentos preténdense aumentar os  servizos sociais, máis actividades deportivas e culturais, sen abandonar as restantes áreas. O obxectivo principal é manter unha estabilidade, sen descoidar ningún ámbito municipal.

Contan con cero euros de débeda, xa que o Concello de San Cibrao das Viñas non ten ningún descuberto.

RESUMO POR CAPÍTULOS DOS ORZAMENTOS CON MAIOR IMPORTANCIA:

  1. GASTOS EN PERSOAL: 1.879.213,75€, representando tan só un 26,41% do total.

Presenta un incremento respecto ó exercicio anterior xustificada na subrogación obrigatoria derivada da remunicipalización do servizo da Escola Infantil e da que se deriva do fin do contrato de servizo de conserxería e mensaxería, así como a previsión de suba de retribucións para os empregados públicos para 2024.

  1. GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS: 4.398.419€, que representa un 61.3% do total.

Destaca a partida de servizos sociais de 1.265.609,44€ que representa unha subida respecto a 2023 de case un 15%.

Este capítulo contempla os gastos para afrontar os servizos sociais primarios, a atención a domicilio, a escola infantil, os servizos deportivos, culturais, alumeado público, saneamento, depuración, recollida de lixo e convenios coa Deputación Provincial para a xestión da Edar.

  1. TRANSFERENCIAS CORRENTES: ascenden a un total de 245.600€, que contemplan as partidas de subvencións mediante concorrencia competitiva e nominativas para:
  • Mantemento da subvención de fomento da natalidade, adquisión de material escolar e familias madrugadoras.
  • Nova subvención para cubrir os gastos de comedor.
  • Mantemento das subvencións para eventos tradicionais: festas patronais, magostos, carnavais, etc.
  • Fomento das actividades deportivas e culturais, cunha nova liña para creadores artísticos e para deportistas individuais.
  • Compre destar o aumento na subvención ás asociacións de empresarios dos dous polígonos nun 30% manténdose tamén a axuda ao fomento a mobilidade sostible nos polígonos de San Cibrao, Barreiros e Tecnópole.
  1. INVERSIÓNS REAIS:ascenden a un total de 591.004,07€

Neste capítulo contémplanse os gastos destinados a:

  • Mellora e construción de novas infraestruturas, como beirarúas e camiños municipais.
  • Mellora dos parques infantís existentes.
  • Construción e mellora de novas instalacións deportivas en diversas zonas do Concello.
  • Aportación municipal a diversos proxectos cofinanciados por outras Administracións como a instalación de placas solares no ximnasio de Ponte Noalla, para a mellora de infraestructuras turísticas e infraestructuras de desenvolvemento empresarial.
  • Novos proxectos que se cofinanciarán co programa Cooperou da Deputación Provincial: parque infantil en Rante, pista de fútbol en Rante, novo local social en Carballo, novo local social na Mioteira e construción dunha cociña no local social de Penedo.

5. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

  • Subvención para conveniar unha reparación na igrexa de San Salvador de Noalla.
  • Subvención nominativa á Asociación de Montes de Soutopenedo para o proxecto de mellora do velorio municipal non levada a cabo en exercicios anteriores.