1 de abril : día das Artes Galegas. Este 2025 adicado a Isaac Díaz Pardo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no ano 1849, creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensinos en prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais . Órgano consultivo da administración e desde o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ao Instituto de España das Academias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

VIDEO

O “DÍA DÁS ARTES GALEGAS”
A Real Academia Galega de Belas Artes en sesión do 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día dás Artes Galegas”. Elección en recordo desa mesma data do ano 1188 e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os dinteles do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron; tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Ata o de agora os primeiros homenaxeados foron:

  • 2015 Maestro Mateo
  • 2016 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  • 2017 Maruja Mallo
  • 2018 Alejandro de la Sota
  • 2019 Luís Seoane
  • 2020 DEDICADO ao ARQUITECTO BARROCO DOMINGO DE ANDRADE
  • 2021 Debido a pandemia tamén se adica a DOMINGO DE ANDRADE
  • 2022: Laxeiro
  • 2023: Martín Codax
  • 2024: Francisco Asorey
  • 2025: Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia.