O Servizo municipal de Emerxencias terá un máximo de 16 efectivos no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O personal de Servizo municipal de Emerxencias do Carballiño vén de facer pública unha nota que, aseguran, “seguir en mínimos” con só 12 traballadoras de 20 que recoñece a relación de postos de traballo, con quendas de unha ou dúas persoas, sen cubrir baixas e cun excedente horario que tampouco se está pagando. Engaden que “o salario que cobran os membros do servizo segue a ser o mínimo interprofesional, sen que se recoñezan pluses pola perigosidade do posto, polo traballo a quendas e en horario nocturno ou en domingos e festivos”. Por outra banda, lembran que “o parque de bombeiros municipal segue sen climatización, con humidades, sen un sistema de extracción de fumes eficaz no garaxe e coa porta principal de vehículos rota dende fai máis de cinco meses”.

“O máis grave de todo -apunta o voceiro dos traballadores, Jonathan Domínguez- é que en materia de prevención de riscos seguimos igual, sen equipos de protección e sen formación”. Ao respecto, subliña que “tra-la denuncia dunha das traballadoras do Servizo, o Xulgado do Social Nº 1 de Ourense condenou ao Concello do Carballiño a entregar os EPIs acordes ás funcións que desempeñan”, entre as cales están segundo se menciona nos feitos probados “a intervención en incendios forestais e urbanos”. “Esta sentenza –como afirma Domínguez- malia estar recorrida, pon de manifesto que as nosas funcións son de bombeiros e que polo tanto nos corresponden os equipos de protección de bombeiros”.

Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade e Personal, Alberto Otero, apunta que “tódolos grupos de emerxencia supramunicipales (GES) teñen unha plantilla máxima de 13 efectivos, polo que 20 nos parece un número esaxerado e imos plantexar unha modificación na RPT para que o servizo de emerxencias teña un máximo de 15 máis un coordenador”. O edil socialista asegura que “o Xulgado denegoulles aos traballadores de emerxencias os equipos de protección para incendios urbanos e de rescate técnico, e por elo o Concello só lles mercou os equipos para incendios forestais, que están pendentes de rotular”. Otero lembra tamén que “estes traballadores carecen do título de bombeiros e non poden exercer como tales, son operarios municipais que poden realizar tarefas de axuda en caso de rexistrarse algún sinistro pero aos que o Concello lle pode encargar outros cometidos de prevención”.