O grupo de teatro Dar Trela agradece a acollida da súa última obra “Cabaret Enxebre”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO DE DAR TRELA :

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ante a grata sorpresa do agradecemento público por parte do Concello do Carballiño , o Grupo de Teatro DAR TRELA desexa expresar o seu sentir trala marabillosa experiencia vivida coa estrea de CABARET ENXEBRE na nosa vila.

Din que ninguén é profeta na súa terra. Nós non só o fomos senón que nos sentimos arroupados, queridos, mimados, aplaudidos…Todo un auditorio posto en pé tres veces!!!

GRAZASAo Concello do Carballiño, en particular ao concelleiro de Cultura Diego Fernández, por ceder o espazo gratuíto para ensaiar e por solventar os atrancos técnicos e de mantemento xeral que supuxo a nosa estrea.

GRAZASA TODES aqueles que ristes, chorastes e vos emocionastes con nós!

GRAZAS aos que tivestes a ousadía de repetir!!!

GRAZAS a fotógrafos e medios: Rexión, Voz, Ser, Cope, Badal Novas pola difusion!

GRAZAS e mais grazas porque sen VÓS esta experiencia que tanto nos encheu non sería posible.!!!

https://www.facebook.com/profile.php?id=100068223271880