As eleccións autonómicas de febreiro retrasarán a Festa da Cachucha ao día 25

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As eleccións galegas convocadas para o vindeiro 18 de febreiro obrigan ao Concello do Carballiño a aprazar a Festa da Cachucha ata o día 25 do mesmo mes. Dende hai anos que se celebra o domingo de piñata para despedir o Entroido, pero en 2024 non será posible en referencia á necesidade de poder contar cos corpos de seguridade e voluntarios de Protección Civil, especialmente para controlar a circulación durante os desfiles de comparsas e bandas de música.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As principais comparsas que participan están avisadas á espera de confirmación e tamén se informou a hostalería do cambio de data, sinalando unha participación duns 25 establecementos, que ese día ofrecerán o cocido de cachucha a un prezo que oscilará entre os 12 e os 40 euros, un custo similar ao da 38ª edición de 2023.

Haberá batucada e pasacalles a partir do mediodía, para dar paso á comida amenizada por comparsas e pola tarde un segundo desfile, rematando a festa cun festival.