Gabriel Alén asiste á posta en marcha do espazo creativo Antón Pulido

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta maña ata o CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro  para ser testemuña da posta en marcha do Espazo creativo Antón Pulido; unha iniciativa para achegar ao alumnado a figura e obra do pintor Antón Pulido desenvolver o gusto polas artes, potenciar a expresión conceptual emocional a través de procedementos plásticos e desenvolver a imaxinación e a creatividade do alumnado.

O delegado territorial destacou este proxecto, no que tamén colabora a Deputación Provincial, polo seu carácter educativo e cultural que pretende o fomento da arte nos máis cativos a través do legado deste artista ourensán.

AVANTAR ACTIVIDADES