O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse hoxe cos alcaldes e empresarios para abordar a ampliación do parque empresarial do Carballiño e Maside. A reunión de hoxe coincidiu coa posta a licitación da redacción do proxecto, cuxo prazo rematará o 16 de febreiro e orzamento supera o medio millón de euros.
As dimensións albergarán 231.000 metros no Carballiño e 989.000 estarán no concello de Maside, estruturados por un vial na OU-504, con área descontinua pero con funcionamento unánime. Espérase que 2025 teñan lugar as expropiacións e obras de urbanización. Esta área contará co segundo polo empresarial de Ourense.
O presidente da Asociación da Área Industrial, entidade con 55 empresas, destacou a boa nova que supón esta ampliación, pedindo que se teña en conta á empresas xa asentadas e as necesidades de mellora que precisa o parque empresarial a día de hoxe así como conexións coa ampliación.