O grupo provincial socialista critica a situación da sanidade pública na provincia de Ourense. Anunciaron hoxe no Carballiño que levarán unha moción á Deputación de Ourense para que se solicite á Xunta tomar medidas urxentes. O deputado provincial e concelleiro do Carballiño, Diego Fernández, destacou os problemas que se sofren neste municipio, sobre todo na pediatría, psicoloxía e xinecoloxía.
O voceiro do grupo provincial destacou que a problemática é xeralizada. Sinalou como problema que non haxa persoal sanitario xa que as condicións laborais noutras comunidades son mellores.
Por último, o PSOE amosou o seu apoio á mobilización pola pediatría deste domingo, e convidou á veciñanza doutras comarcas a unirse a esta loita.