Ribadavia suma as luces de Nadal ao seu atractivo patrimonial e dispara o interés polas visitas guiadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O encanto de Ribadavia, é coñecido polo seu rico patrimonio cultural, histórico,
termal ou mesmo pola riqueza dos caldos do Ribeiro. Nestas datas ademais, as
luces que embelecen a vila son un atractivo máis para coñecer e visitar Ribadavia.
Unha boa maneira de facelo é participando no “Ola, bombón”, unhas visitas (Ruta
Bombón) polo patrimonio histórico artístico do concello, fundamentalmente polo
seu casco histórico, levadas a cabo por guías profesionais e habilitados pola
Axencia Galega de Turismo. Estas visitas teñen unha duración aproximada dunha
hora e media e nelas ademais de desfrutar das súas xoias habituais no casco
histórico tamén se destaca o espectáculo lumínico co que goza a vila nestas datas.
De aí tamén o nome destas rutas e o seu eslogan: “Ola, bombón”. E é que Ribadavia
no deixa de ser en si un bombón que desfrutar.

Dende a organización destas rutas destacan que os seus percorridos dótande
ademais dunha certa teatralización e interactividade que fai a visita moito máis
interactiva e atractiva á vez que enriquecedora culturalmente.
As rutas xa comezaron, con boa acollida nos seus primeiros días. Dende a
organización agardan que a medida que a proposta se coñeza máis tamén se
incrementen os interesados en pasar un bo anaco en Ribadavia e dun xeito distinto.
En decembro poden facerse os días 28 e 29. En xaneiro realizaranse do día 1 ao 6,
ambos inclusive, e tamén os días 11,12,18 e 19. Haberá dúas quendas de saída: 10,30 e 12,00 horas, dende o exterior da Oficina de Turismo, na Praza Maior de Ribadavia.

A actividade precisa terse reservado con anterioridade no teléfono 619442622. Ten un custo de 8€/persoa (menores de 9 anos, de balde). As prazas están limitadas a 20 persoas por grupo.
Se algunha persoa desexara participar pero as datas non lles coincidiran, poden
tamén chamar ao mesmo teléfono para consultar outros días dispoñibles.
Este Nadal, facer unha Ruta Bombón por Ribadavia é un planazo no que ademais
do agasallo que é coñecer a capital do Ribeiro, poden gañarse fantásticos premios
nos sorteos organizados nas propias rutas.