A Deputación cooperará con Paderne de Allariz no impulso á área empresarial e na mellora da estrada provincial que comunica con Esgos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación ao alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, continuando así coa rolda de contactos con todos os rexedores da provincia, coa fin de estreitar os lazos de cooperación entre as entidades locais e a administración provincial. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, ademáis de analizar o importe do plan de cooperación da Deputación (CooperOU) para este ano con Paderne de Allariz, que ascende a máis de 163.000 euros, Luis Menor e Manuel Pérez exploraron outras liñas de colaboración, como que a centrada “no investimento de máis de 200.000 euros para a estrada provincial que une este municipio con Esgos, pola gran importancia que ten para a mobilidade entre ambos municipios”, explicou Menor. “Tamén brindaremos desde a Deputación a colaboración técnica necesaria para realizar os informes preceptivos para implantar en Paderne de Allariz unha área industrial”, explica o presidente provincial,  avanzando tamén a cooperación da Deputación coa creación dunha nova área recreativa e de servizos no municipio na que tamén se implicaría a Xunta de Galicia, así como diversas colaboracións en  materia de cultura e deportes.