Ribeiro en Común pide o reforzo da Pediatría en Ribadavia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano despois Xunta e SERGAS continúan sen reforzar o servizo, a pesar de estar aprobados dous acordos plenarios que así o piden.
Ribadavia a 14 de xaneiro 2024.
Ribeiro en Común recorda que a comarca do Ribeiro dispón dunha única pediatra a tempo completo, e outra compartida co municipio de Coles, polo que dous días a semana só dispoñemos de unha pediatra, sempre e cando algunha situación non o permita, como aconteceu fai un ano cando o servizo tivo que pechar por falta de profesionais, derivando as consultas a Ourense. A resposta de entón por parte da Xunta foi que “unha concatenación de baixas laborais e permisos deixou sen estes profesionais no centro de saúde”.Un ano despois a Xunta nada fixo e a situación é a mesma.
Reclamamos que a Xunta e o SERGAS reforcen o servizo, completando a pediatra a tempo completo, e que se cubran as vacacións e baixas das profesionais.Non nos parece de recibo que a Xunta se escude en “ratios” establecidas pola propia administración autonómica, e que están moi lonxe dun servizo de calidade tanto para a cidadanía como para os profesionais. 
Reclamamos que se reforce o servizo de Pediatría cando esta semana se chegou ao límite da paciencia de profesionais e usuarios despois que sexa reiterativo por parte dos responsables do SERGAS a política de non cubrir as vacacións e baixas dos profesionais. 
Por todo isto, Ribeiro en Común presenta unha nova Moción para que o Pleno de Ribadavia volva solicitarlle a Xunta e SERGAS que reforce o servizo de pediatría no PAC de Ribadavia que presta servizo a todos os nenos e nenas da comarca do Ribeiro. 
Por todo isto, Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia lidere a reivindicación de que o Sergas reforce o noso servizo de pediatría e se retorne á política de cubrir as vacacións e baixas de todos os profesionais médicos, ademais de reclamar que se reforcen todas as áreas do Centro de Saúde de Ribadavia que o necesiten.
Non se pode consentir que os responsables políticos da Xunta e SERGAS leven a cabo esta forma de xestionar un servizo tan importante e básico como é o da saúde. Desde logo tampouco nos parecerá de recibo que os representantes municipais non saian en apoio do noso Centro de Saúde, porque antes de todo somos representantes de todos e todas as veciñas de Ribadavia e do Ribeiro. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO