Ribeiro en Común denuncia a perigosidade da estrada Ribadavia – Francelos – Prexigueiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Ribeiro en Común reclama melloras ante a perigosidade da estrada que une Ribadavia con Francelos e Prexigeiro. A nota na que transmitiron as queixas veciñais é a seguinte:

“A Estrada OU- 801 Ribadavia- Filgueira foi asfaltada no pasado mes de setembro pola Xunta, e desde entón continúa sen pintar, supoñendo un perigo importante,  máis nestes meses de inverno cando a visibilidade é moito máis reducida.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pedimos que o Goberno local se preocupe un pouco pola súa situación, xa que aínda que a titularidade da Xunta, tense pedido reiteradamente unha solución sen que por parte do Concello non se conseguira nada da Xunta, nin unha explicación que xustifique esta tan importante demora no seu pintado, e por conseguinte na súa seguridade.

Ribeiro en Común recordamos que na pasada lexislatura o Concello mantiveramos encontros con técnicos da Xunta para reforzar a seguridade desta estrada, xa que soporta un importante tránsito, incluidos vehículos pesados, atravesando núcleos con moita poboación.Agora, do falado coa Xunta para reforzar a seguridade desta estrada, nada se fixo (reforzo da sinalización e control de velocidade), e por riba leva todo o outono- inverno sen pintar.

Veciños denuncian:- Pasos de peóns perigosisimo, sen pintar.- Velocidade excesiva e tráfico moi intenso.

Ribeiro En Común demandamos unha solución urxente, sen máis demora, a esta situación”.