Luis Menor abre vías de cooperación da Deputación co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, “un colectivo tan importante para o medio rural da provincia”

Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) coa directiva do Colexio Oficial de Enxeneiro Técnicos Agrícolas representada por Miguel Rojo López, Gloria Fernández Beltrán e Miguel Ángel Viso Diéguez, Presidente, tesoureira e secretario respectivamente.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación á directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas,  que representa a preto de 270 colexiados na provincia, coa fin de abrir, establecer e reforzar vías de cooperación da institución provincial para a visibilización deste colectivo profesional, “tan importante para o medio rural e fundamental para o desenvolvemento do sector primario, tan importante nesta provincia”, destacou Menor. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademáis de colaborar na visibilización das funcións deste colectivo profesional, a Deputación tamén estudiará unha proposta sobre a creación dunha aplicación no ámbito vitivinícola, un “caderno de campo”, promovida por este colexio oficial e que está sendo apoiada con ofertas de carácter privado. Outra das vías de cooperación acordadas foi a posibilidade de que recén titulados en Enxeñería Técnica Agrícola desenvolvan as súas prácticas nos centros de traballo da institución provincial. 

Á reunión de traballo asistiron o presidente do colexio oficial, Manuel Rojo López, así como o secretario Miguel Angel Viso e a tesoreira, Gloria Bernárdez.