Cortegada conta hoxe con seis casos activos, dous máis ca onte, logo de descender esta fin de semana. A evolución deste concello volve a preocupar, duplicando os casos nun día, logo de superar un brote pasada semana. Hoxe presenta o máximo da comarca.
Ribadavia sitúase nos 2 positivos, un caso menos ca onte.
O concello de Beade conta con 2 casos activos, os mesmos ca na xornada de onte, conseguindo reducir os 7 casos que o puxeron en alerta e en nivel máximo coma o único en toda Galicia e que hoxe o baixan de nivel.
Os demais concellos, Leiro, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.