O mes de xaneiro é o mes por excelencia das rebaixas de inverno, unha época de descontos moi esperada para a cidadanía. Aínda que a súa data de inicio oficial é o día 7 son moitos os establecementos que adiantan algúns descontos pensando nas ventas de Nadal e nunha maior intención de compra por parte da cidadanía. Foi o caso de Plumetti, onde tamén destacan que este ano as ventas están costando máis do habitual.
Os principais competidores do comercio local son as grandes marcas e centros comercias, e tamén a venta online, cada vez máis de moda. Aínda así, destacan as vantaxes do comercio de proximidade, no que se ofrece un trato ao cliente moito máis directo, con facilidades e tamén con maior exclusividade con respecto ás grandes marcas.