O Psdeg-Psoe denuncia en Ribadavia as “chapuzas” da Xunta e de Ethel Vázquez nas estradas ou-504 e ou-801, exemplo do “desleixo, o abandono e falta de planificación” do PP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nacho Gómez fai fincapé en que “estamos ante unha nova desfeita da que podemos denominar como conselleira dos derrubamentos, Ethel Vázquez” e afirma que a “desidia” do PP trae como consecuencias “graves problemas de seguridade viaria e falta total de humanización”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Carmen R. Dacosta sinala que en política “hai que xestionar e planificar e estamos diante dun modelo, o do PP, que non é capaz nin de optar pola planificación, nin pola execución, a diferenza do PSOE, que dende o Goberno central planifica, executa e humaniza”

Ribadavia, 25 de xaneiro de 2024. O PSdeG-PSOE denuncia en Ribadavia as “chapuzas” da Xunta e da conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, nas estradas e infraestruturas da vila e da comarca. Os e as socialistas acusan ao PP de aparecer na capital do Avia con asfaltados “electoralistas”, para “abandonar” despois estas infraestruturas, deixándoas sen rematar e sen pintar, co conseguinte perigo e risco que supoñen para a circulación viaria.

Os candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense estiveron esta mañá en Ribadavia, para comprobar de primeira man o modelo de arranxo de estradas do Partido Popular dende a Xunta de Galicia. Os e as socialistas achegáronse ata a OU-801 que comunica Ribadavia con Pontebarxas e na OU-504 ao seu paso por San Cristovo, ambas de titularidade autonómico e o mellor exemplo do “desleixo” co que o PP trata a esta comarca.

No relativo a OU-801, os e as socialistas explican que foi asfaltada en verán “coincidindo cos comicios electorais ao Goberno do Estado”, pero tal e como relatan e se pode comprobar “seis meses despois do asfaltado, as liñas seguen sen pintar”. En relación a OU-504 ao seu paso por San Cristovo, os candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense denuncian que as obras de asfaltado “quedaron a medias, xa que a Xunta non cumpriu co prometido, de humanizar beirarrúas e continuar co proxecto iniciado polo Goberno central, a través da Confederación Hidrográfica, que permitiu humanizar un treito das beirarrúas deste núcleo de poboación”.

O candidato do PSOE ao Parlamento de Galicia, Nacho Gómez Pérez, fai fincapé en que “estamos ante unha nova desfeita da que podemos denominar como conselleira dos derrubamentos, Ethel Vázquez”. O número 2 da candidatura socialista por Ourense critica o que considera unha “auténtica chapuza” do Partido Popular, que arranxou a estrada OU-801 no mes de verán, “pero 6 meses despois segue sen pintar e atopámonos con escusas de todo tipo, pero sen solucións para solucionar a grave carencia que supón a ausencia de liñas delimitando os carrís, e que provocan un grave risco para a circulación de vehículos”.

Gómez Pérez tamén pon o foco na OU-504, ao seu paso por San Cristovo, afirmando que “este é un exemplo do mal facer da Xunta e do bo facer do Goberno central”. Neste senso lembran que hai un tramo humanizado, trala execución por parte do concello e da Confederación Hidrográfica da reforma das beirarrúas, pero tal e como relata o candidato socialista “atopámonos cun treito sen arranxar, que pertence ao goberno galego e que en 5 anos foron incapaces de executar, a pesar de terse comprometido a elo”. Tamén subliña que o PP “promete que traerá millóns e unha morea de cartos, pero a realidade son parches cutres e un estado calamitoso das estradas”.

Pola súa banda, a candidata ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, sinala que en política “hai que xestionar e planificar e estamos diante dun modelo, o do PP, que non é capaz nin de optar pola planificación, nin pola execución, a diferenza do PSOE, que dende o Goberno central planifica, executa e humaniza o territorio”. A cabeza de lista dos e das socialistas de Ourense afirma que da man de José Ramón Gómez Besteiro “Ribadavia e a provincia de Ourense terán un proxecto baseado na planificación e a xestión”.

Rodríguez Dacosta apunta a que os e as socialistas “temos un proxecto para Ourense, que confronta cos parcheos e as obras inacabadas de Rueda e Ethel Vázquez, que non pensan nin na veciñanza, nin na seguridade viaria”. Neste senso finaliza destacando que “o primeiro paso para mudar esta situación é mudar o goberno da Xunta e apostar por políticas pensadas para todos e todas”.