Ribeiro en Común demanda que o Concello reactive o punto público de Carga para Vehículos Eléctricos.
“Está lista desde o ano pasado e a súa posta en funcionamento fora parada antes das pasadas eleccións pola titular desta estrada céntrica de Ribadavia, da Xunta de Galicia. Algo incompresible, pois nunca antes esta Administración freara intervencións do Concello nesta rúa, sempre admitindo a “comunicación previa” para actuacións do Concello.
Ribeiro en Común solicitou no pasado Pleno que se reactive o expediente, ou de continuar a negativa da Xunta, o Concello ubique o punto de carga eléctrica noutra ubicación alternativa.
Non é comprensible a falta de interese do novo goberno e a súa deixadez tamén neste tema.
As opcións da nova ubicación podería ser dentro do Aparcadoiro Público da Alameda, ou noutra rúa céntrica de titularidade municipal.
– Por outra banda, Ribeiro en Común tamén solicita que se mellore o pavimento da rúa Progreso e a sinalización de todos os pasos de peóns.
O Concello debe esixirlle a Xunta que cumpra coas súas obrigas na rúa Progreso, da súa titularidade.
Con máis motivo cando a finais de febreiro Ribadavia vai ser Meta da proba ciclista “O Gran Camiño”, promovida pola propia Xunta, atopándose participantes e público as entradas e rúas de acceso a Ribadavia en mal estado”.