No Carballiño: Aprobación das altas do nomeamento de vías no rueiro municipal e modificación no nome de rúas existentes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PUBLICADO NO BOP:

Aprobación das altas do nomeamento das seguintes vías no rueiro municipal e modificación do nome de rúas existentes
Polo presente anuncio publícase, para o coñecemento xeral, que por Resolución do alcalde do 9 de xaneiro de 2024, en relación á aprobación das altas do nomeamento das seguintes vías no rueiro municipal e modificación no nome de rúas existentes

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Distrito: 02 Seccion:002
Nome das vías:

  • Rúa Parcelación Maneiro: 1-41 2-28 (antes Parcelación Maneiro D)
  • Eugenia Pereira Rodriguez: 1- 9 2-10 (antes Parcelación Maneiro C)
  • Ines de Sanabria: 1-9 2-8 (antes Parcelación Maneiro B)
  • Antonia Ferrín Moreiras: 1-7 2-10 (rúa Nova)
  • Camiño de Paraisal: 1-17 2-12 (antes Parcelación Maneiro F)
  • O Carballo: 1-17 (antes Parcelación Maneiro E)
  • Os Barreiros: 1-9 2-6 (antes Parcelación Maneiro A)

  • Entidade colectiva: Carballiño (O) San Cibrao Entidade singular: Carballiño (O) Núcleo/diseminado: Carballiño (O)
    Nome das vías:
  • Marie Curie: 1-5 2-6 (rúa Nova)

  • Distrito: 01 Sección: 004
    Entidade colectiva: Carballiño (O) San Cibrao Entidade singular: Carballiño (O)
    Núcleo/diseminado: Carballiño (O)

    Nome das vías:
  • Rúa Tupino: 1-5 2-4 (rúa Nova)

  • No procedemento de referencia, en virtude das facultades
    conferidas á Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de
    abril, reguladora das bases de réxime local, e con base no artigo 83.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acordo:
    Primeiro. Abrir un período de información pública pro un
    prazo de 20 días, que se contará desde a súa publicación no
    BOP, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o procedemento e presentar as alegacións que considere oportunas.
    Segundo. O procedemento poderá examinarse nas oficinas do
    Concello, situadas na Praza Maior, núm. 1, O Carballiño, en
    horario de 9.00 h a 14.00 horas.
    Contra este acordo non se pode interpoñer ningún recurso, aínda que os/as interesados/as conforme ao establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán realizar
    alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer a resolución que poña fin a este procedemento.