A ministra de Vivenda e Axenda Urbana participou en Barbadás nun acto sobre a política de vivenda no século XXI

A Ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez García, destaca en Ourense e Barbadás que “2 de cada 3 euros dos investimentos en vivenda realizados en Galicia, son aportados polo Goberno central encabezado polo presidente, Pedro Sánchez”.

Isabel Rodríguez participou hoxe nun acto de campaña en Barbadás sobre vivenda baixo o lema “a política de vivenda no século XXI”, na que estivo acompañada polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; e polas candidatas do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, Áurea Soto e Marga Pérez. O auditorio Manuel María da Valenzá encheuse para este acto de campaña dos socialistas ourensáns. Antes do acto, a ministra visitou o punto informativo do PSOE ourensán na rúa do Paseo e aproveitou para percorrer as rúas da cidade na compaña da candidatura e de cargos orgánicos do partido.

AVANTAR ACTIVIDADES

Isabel Rodríguez aproveitou para lembrar que é gracias as políticas socialistas e de Pedro Sánchez que “suben as pensións e os salarios dos ourensáns e as ourensá” e apuntou tamén que gracias as axudas de aluguer impulsadas polo goberno socialistas “máis de 4.000 mozos e mozas benefícianse desta iniciativa”. A ministra afirmou tamén que gracias as políticas socialistas e o compromiso do candidato á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, “contruiranse 10.000 vivendas públicas ao longo de toda a lexislatura en Galicia, como xa fixo Emilio Pérez Touriño cando estivo ao fronte da Xunta”.

“Os e as socialistas imos aplicar a lei de vivenda para que vivir sexa un dereito e non un luxo”, subliñou Rodríguez García antes de afirmar que “36.000 persoas agardan por unha vivenda pública e digna en Galicia ante a falta de iniciativas de Feijóo e Rueda”. Neste senso tamén destacou que “8.000 mozos e mozas de Galicia agardan por un bono de aluguer mozo, que Besteiro porá en marcha cando sexa presidente da Xunta de Galicia”.

Con respecto ao candidato á presidencia da Xunta de Galicia, a ministra fixo fincapé en que “é a persoa idónea para xestionar e para axudar a transformación de Ourense e Galicia. É o candidato idóneo para mirar o futuro e a modernidade e a provincia e a comunidade autónoma non queda illado no pasado como pretende facer o PP”.

Pola súa banda, a candidatura socialista representada por Carmen Rodríguez Dacosta, Áurea Soto e Marga Pérez, ademais do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, apuntaron que da man do PSdeG e de Besteiro “ofreceremos alternativas habitacionais dignas ao alcalde de todas e todos, nomeadamente da xente nova, tanto en contornas urbanas como rurais, onde as realidades son ben diferentes e, polo tanto, as políticas teñen que ser acaídas coa particular situación da provincia de Ourense”.

O PSdeG-PSOE de Ourense aposta pola promoción da construción de vivenda social, a adopción dun plan de rehabilitación de vivendas baleiras, o reforzamento das bolsas de pisos de titularidade pública para o aluguer, as axudas para a compra e o aluguer, a creación dun mapa ourensán de vivenda ou o control e limitación dos pisos turísticos.