Fabiola García pon de manifesto en Ourense que “con Alfonso Rueda como presidente avanzamos cara unha Galicia na que as familias son prioritarias”

12, febreiro, 2023.

AVANTAR ACTIVIDADES

A conselleira de Política Social e candidate popular por A Coruña, Fabiola García, realizou esta tarde un percorrido pola cidade e visitou a carpa dos populares que está instalada na rúa do Paseo.

Fabiola García puxo de manifesto a importancia da xestión do presidente Alfonso Rueda en materia social, “avanzando cara una Galicia na que as familias son prioritarias”, dixo, ao tempo que relatou fitos tan relevantes como “facer gratuitas todas as escolas infantís, algo histórico e único en toda España, que permite que as familias non teñan que pagar nada pola atención dos seus fillos de 0 a 3 anos”.

Lembrou tamén a candidate que o goberno de Alfonso Rueda “mellorou a Tarxeta Benvida, que leva beneficiado a preto de 100.000 galegos e que as familias poden pedir agora desde a semana 21 de embarazo. E sen esquecer que duplicou as axudas do Bono Concilia Familia para axudar na conciliación a 13.200 fogares”.