O barrio da Barronca celebra o Entroido cunha representación de Mecos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os veciños do barrio da Barronca, na rúa Caridade, en pleno centro do Carballiño, abríronnos as súas portas para desfrutar do Entroido. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para estas datas crearon unha recompilación de mecos, con diferentes indumentarias, centrados neste ano nunha homenaxe aos homes e mulleres do campo.

Está feita ca colaboración de todos, con elaboracións propias. A súa preparación fíxose con materiais reciclados e intentando cada ano amosar algo diferente por estas datas. 

Ademais, animan a que en todos os barrios se fagan iniciativas entre todos, algo que sería un atractivo para tanto veciños como turistas que se acheguen.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------