A campaña electoral remata na xornada de hoxe, culminando o vindeiro domingo día 18 coa xornada de votacións. Os partidos políticos, despois de dúas semanas intensas, apuraron as últimas horas para os últimos actos de campaña. Entre eles, hoxe instalaron carpas informativas aproveitando a xornada de feira no Carballiño.
Aínda que o traballo feito durante esta campaña foi duro, hoxe aínda quixeron aproveitar para convencer a algún indeciso.
Mañá xa será a quenda da xornada de reflexión na que tocará o descanso previo. O domingo, desde as 09:00 horas, os cidadáns están chamados á votación para elixir ao próximo presidente da xunta.