A Plataforma en Defensa da Sanidade reivindica a pediatría na Festa da Cachucha

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño participou na Festa da Cachucha continuando coa súa reivindicación e loita pola pediatría. Neste caso, nunha carpa, instalaron o seu hospital informativo, no que tiñan un lema claro: búscanse pediatras. Entregaron á poboación unhas octavillas informativas con todo o traballo que levan feito e os pasos que están a seguir para tentar conseguir este obxectivo.

Queren chamar a atención de que seguen sen cumprirse as promesas feitas polo servizo galego e de cal é o seu día a día ao acudir ó médico.

AVANTAR ACTIVIDADES