O auditorio recupera o domingo os espectáculos familiares

Enmarcado no programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a compañía O Baúl da Tía Tola trae este domingo, 6 de decembro, ao auditorio municipal Manuel María, a obra infantil “Lixo”.

Publicidade

A representación terá lugar ás 17,30 h., co aforo limitado a un máximo de 60 persoas debido ás restricións pola Covid-19.

Trátase dun espectáculo de divertimento familiar, deseñado especialmente para bebés de 0 a 3 anos.

Nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento, os dous protagonistas, bailaríns moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que crear cultura a partir do lixo. Comunícanse con coplas, móvense con pasos de ballet e axúdanse con luces para crear atmósferas diferentes durante o espectáculo.