Espazo Común acusa a Fumega e ao seu goberno de bloquear a reforma do estadio de Espiñedo

A pesares da aprobación hai un mes da proposta para adquirir e recalificar os terreos colindantes, non se fixo unha soa xestión ao respecto.

Cada día que se perde, dificulta máis o obxectivo de chegar á vindeira tempada coa posibilidade de ubicar unha nova grada.

AVANTAR ACTIVIDADES

                                                                               O Carballiño,  23 de decembro de 2023.

No pleno ordinario do mes de xaneiro aprobouse por unanimidade a proposta en forma de moción na que Espazo Común propuña a adquisición, por parte do Concello, dos terreos rústicos adxacentes ao campo de fútbol municipal de Espiñedo.

Esta operación, relativamente sinxela, tería como prinicipal obxectivo inmediato que Club Deportivo Arenteiro dispoña do espazo necesario para a ubicación dunha grada de cara á vindeira tempada e que se eviten problemas coma os acontecidos o día da visita do Deportivo ao Carballiño.

A longo prazao a execución deste proxecto permitiría dispor dos metros suficientes para a ampliación do campo actual e a construción dunha pequena cidade deportiva.

Outros concellos, como Lalín, conseguiron avanzar moito en cuestións semellantes en moi poucos meses.

Sen embargo, como comprobamos despois de falar cos técnicos do Concello, nestas semanas non se moveu un só papel ao respecto e o alcalde non deu orde nin tan sequera de iniciar o expediente administrativo correspondente.

No vindeiro pleno insistiremoslle a Fumega e voltaremos a explicarlle porque é tan importante para o pobo do Carballiño levar a termo esta proposta por se, a pesares de votar a favor, non lle quedou claro durante o debate da moción.