O concello do Carballiño celebra mañá xoves a sesión plenaria correspondente a febreiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación do concello do Carballiño celebra mañá xoves a sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro. Entre os puntos da orde do día está a ratificación da renuncia do voceiro do PP Lino González e o padrón de habitantes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En canto ás mocións, a formación de Espazo Común solicitará que o concello do Carballiño poña en marcha unha campaña de vantaxes para os empadroados neste municipio. Entre esas medidas está ter prioridade no acceso ás axudas ou ás instalacións municipais, descontos en servizos entre outras.

Tamén pedirán que o concello do Carballiño estude a viabilidade de utilizar unha nave en desuso de Fenosa, ubicada na rúa Ourense, como solución transitoria para unha Casa da Xuventude.

Afirman que cunha pequena reforma poderíase acurtar o tempo de espera para contar con este servizo, xa que a proposta de utilizar o actual centro de saúde unha vez mude a súa localización podería tardar máis de cinco anos.

O Bloque Nacionalista presenta unha moción enfocada no mesmo obxectivo. Sofía García pide un espazo para a mocidade, para actividades e servizos, salas de reunións, informática, un local de ensaio entre outros servizos. Piden que nun prazo de entre seis meses e un ano se leve a cabo esta iniciativa, aínda que non sexa unha ubicación definitiva.

O Partido Popular falará de compostaxe e a biomasa que  son dous enfoques para o aproveitamento sostible dos residuos orgánicos e materiais vexetais. Propoñen aproveitar os restos forestais para uso enerxético, poñer en valor a Casa do Parque do Peón Camiñeiro  e solicitar as subvencións para caldeiras de biomasa en espazos públicos como Concello, Pavillón, Multifuncional, ect…