O Centro Comercial Aberto do Carballiño organizou esta fin de semana unha nova edición da xa tradicional Feira do Stock, ca finalidade de rematar a tempada con grandes descontos en todo tipo de produtos. 18 establecementos ofreceron os seus produtos nunha carpa ubicada na Praza Maior, facendo fronte á choiva, e cun resultado de ventas moi satisfactorio.
Entre a oferta puidemos ver todo tipo de produtos, dende moda home e muller, decoración, librería e papelería e tamén algúns novos socios do sector da gastronomía. Os negocios coinciden en que esta é unha moi boa iniciativa para captar clientes e para rematar co stock de tempada unha vez finalizadas as rebaixas.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------