Este próximo venres 15 de marzo o Cine Club proxecta unha das películas que competían polo Oscar á Mellor película internacional, “Sala de profesores”, filme alemán que foi a grande gañadora dos Premios da Academia de cine alemá. Ambientada no mundo escolar, conta a historia dunha entusiasta profesora que empeza a traballar nun centro de secundaria, onde unha serie de roubos trastocan a vida da comunidade educativa. Un thriller intenso e moi ben construído que gañou o Premio á Mellor montaxe no Festival de Valladolid. Conta ademais con unha excelente interpretación de Leonie Benesch, dando vida á protagonista.
Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño en sesións de 20:00 horas dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.