A D.O. Ribeiro colabora con Xabier Díaz no seu novo disco “Axúdame a Sentir”

A D.O. Ribeiro, da man do seu presidente, Juan M. Casares, e o músico e compositor Xabier Díaz, presentaron esta mañá, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense a colaboración en torno ao seu novo disco “Axúdame a Sentir” e a súa xira coas Adufeiras do Salitre.

Dita colaboración significou a creación dun viño promocional con etiqueta conmemorativa propia do novo traballo, que os máis rápidos seareiros do músico puideron recibir de agasallo pola compra do disco pola web www.xabierdiaz.com. O resto de persoas, que conten con entrada para os concertos galegos, tiveron a oportunidade de probalo na degustación previa ao concerto de Vigo (inicio da xira) ou este venres, previo ao concerto de Ourense, no Teatro Principal. Ademáis, poderano obter se compran o disco nos concertos de Santiago de Compostela ou en A Coruña.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deste acordo entre ambos xurdiu ademáis unha peza audiovisual promocional que pon en valor a música tradicional galega e a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Trátase dun vídeo no que Xabier Díaz percorre o Ribeiro para coñecer de primeira man os seus viñedos, viños, adegas, patrimonio, termalismo, nunha xorndada completa, acompañado polo presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares, quen comentou “quero agradecer dende o corazón a elección por parte de Xabier desta Denominación de Orixe para a promoción do seu novo traballo, xa que desta D.O. vive moita xente, adegas, viticultores… milleiros e milleiros de persoas ao longo da historia.” Xabier Díaz respondeu a esta gratitude cun “o agradecemento ten que vir pola miña parte, esta harmonía entre a música tradicional co viño do Ribeiro é unha idea que me acompaña dende fai moito tempo porque creo que ambos están intimamente ligados, xa que dende sempre se cantou durante todo o proceso de coidado das vides, poda, vendima… e logo, máis adiante, cando se abre unha botella vólvese a cantar.”

Ademais, o C.R.D.O. Ribeiro contará coa presenza de Xabier Díaz en formato trío como actuación principal na gala de entrega Premios D.O. Ribeiro 2024, que se celebrará a finais do mes de xuño en Ourense e onde se entregarán os galardóns aos viños e personalidades relacionadas co mundo vinícola de relevancia.

——-

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre farán parada en Ourense este venres 22 de marzo na súa xira “Axúdame a Sentir” cunha degustación previa do viño Fillas D.O. Ribeiro, unha edición especial de branco lanzada con motivo de “Axúdame a Sentir”

A xira “Axúdame a Sentir”, que arrancou exitosamente o pasado 9 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, sumará unha nova parada este venres en Ourense, e continuará en Santiago de Compostela e en A Coruña ata expandirse por todo o territorio nacional. Esta chega cunha harmonía envexable da man da D.O. Ribeiro quen creou, con motivo deste novo disco, unha edición especial do viño institucional Fillas D.O. Ribeiro; cunha tirada limitada de viño branco.

Será un agasallo especial para as seareiras e seareiros e poderá catarse ou conseguirse de diversos xeitos:

Por un lado, este viño puido degustarse nunha cata previa ao concerto de Vigo que terá unha segunda volta no concerto de Ourense de 18:15 horas a 19:15 horas, previa inscrición para aqueles que xa teñan a entrada. Nos concertos de Santiago de Compostela e de A Coruña tamén estará presente en forma de agasallo, aquelas 50 persoas que merquen in situ o disco, levaran consigo unha botella deste prezado viño.

Tamén se poderá conseguir na tenda online en www.xabierdiaz.com nun pack especial para primeiras persoas que merquen o disco.

Xira Galega: 

Ourense (Galicia) – Teatro Principal – 22/03/24 (20.00 horas) ENTRADAS ESGOTADAS

Santiago de Compostela (Galicia) – Auditorio de Galicia – 13/04/24 (20.30 horas)

A Coruña (Galicia) – Teatro Colón – 14/04/24 (19.00 horas) ENTRADAS ESGOTADAS

Xira Península: 

Llángreu (Asturies) – Nuevu Teatru de La Felguera – 20/04/24 (20.00 horas) 

Bilbao (Euskadi) – Sala Cúpula Teatro Campos Eliseos 21/04/24 (19.30 horas)

Valladolid – Sala Borja 26/04/24 (20.30 horas) 

Zamora – Teatro Principal 27/04/24 (20.30 horas) Entradas dispoñibles o 15 de marzo

León – Teatro San Francisco 28/04/24 (19.30 horas)

“Axúdame a Sentir” é un traballo en colaboración coas Adufeiras do Salitre e no que participarán músicos de diversa índole dando lugar a un conxunto de temas que agochan o máis puro sentir, aquel que Xabier garda con agarimo cando recorda a súa avoa Obdulia “unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida”.

Ver vídeos:

Vídeo promocional à https://fb.watch/qV0Wg6hO5q/

Conversa entre Juan e Xabier à https://fb.watch/qV0V7jsKJ5/

Copla do arrieiro à https://fb.watch/qV0_bMUZx3/