O BNG denuncia continuas avarías e a escasa capacidade dos “busitos” mercados polo Concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Desde a formación nacionalista afirman que na mañá deste mércores 27 de marzo, até un total de 4 “busitos”, tiveron que ser substituídos en medio do servizo por “avarías varias”

Ourense, 27 de marzo de 2024. O Grupo municipal do BNG afirma estar recibindo constantes queixas referidas as avarías constantes e a escasa capacidade dos denominados “busitos” e da marza Isuzu, e postos en marcha hai uns meses polo Concello. Segundo o Portavoz municipal da formación nacionalista Luís Seara, “as queixas en relación a estes vehículos son diarias e constantes”.

E é que a escasa capacidade dos mesmos, o que está orixinando que en determinadas liñas a saturación e o exceso de viaxeiros nos mesmos, “hai que engadirlle a mala calidade dos vehículos, xa non soamente con acabados máis que cuestionables, o que xa ten provocado incidentes coa caída de chapas interiores senón porque están a sufrir avarías constantes de tipo eléctrico, problemas coa apertura e co peche das portas e mesmo con vehículos que quedan parados”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Seara relata que “na mañá deste mércores 27 de marzo, até un total de catro busitos tiveron que ser substituídos no medio do servizo por outros por sufrir varias avarías o que causa un grave prexuízo ás e aos usuarios que ven como aumentan os tempos de agarda e dos traxectos co que iso conleva en moitos dos casos alén da escasa capacidade, o que provoca que nalgunhas das liñas haxa persoas que teñen que agardar ao seguinte por falta de espazo”.

Desde o BNG sinalan que pedirán explicacións ao Goberno Local diante duns vehículos “que desde logo non están a cumprir nin coa súa función nin coas mínimas garantías para o seu uso. Pediremos información sobre cantas avarías se levan producido desde a súa entrada en funcinamento, o motivo das mesmas e que solucións vai adoptar o Goberno diante desta constante logo de ter anunciado a bombo e prato a súa entrada en servizo”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------