O grupo municipal socialista presentará no pleno ordinario do mes de abril unha moción para a aprobación dun regulamento de cerimonias civís no Concello de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal socialista presentará, no pleno ordinario do mes de abril o vindeiro venres, unha moción para a aprobación dun regulamento de cerimonias civís no Concello de Ourense.

O recente 14 de marzo, no Decreto número 2024002002 sobre a celebración de matrimonios civís, o alcalde da cidade suprimíu a delegación aos e ás edís e reservouse “a facultade de autorizar persoalmente os casamentos”, tal e como explicou nunha rolda de prensa previa. As e os socialistas lembran, ademais, que o rexedor comunicou a decisión proferindo un discurso susceptible de ser considerado un delito contra a honra das traballadoras municipais e cargos públicos, aos que acusou de “ter unha mafia montada”, entre outros improperios.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Descoñecemos se existe un expediente administrativo cos informes xurídicos necesarios para avalar esta decisión, que parece entrar en contradición coa lexislación ao respecto e semella responder a un exercicio arbitrario das súas competencias ao limitar a participación política dos membros da corporación”, destaca a edil do PSdeG María Fernández Ojea.

“Tamén implica un prexuizo para aquelas parellas que xa tiñan a súa data e todo organizado para a celebración do que debería de ser un dos días máis importantes das súas vidas”, engadiu en referencia a esas persoas que foron informadas dende o Concello dos cambios referidos e que amosaron o seu descontento.

Dende o grupo municipal socialista queren, con esta iniciativa, que o goberno local retrotaia a decisión adoptada por Gonzalo Pérez Jácome que “soamente responde a unha nova campaña de márketing político”, e a iniciar un regulamento das ceremonias civís.

“Recoñecer o dereito da cidadanía, cunhas ideas, unha ética, unha moral e uns valores sociais non adscritos a ningunha crenza relixiosa, a unha cerimonia civil baseada nunhas normas de conduta democráticas e tolerantes debería ser unha realidade no noso Concello enmarcado na defensa do exercicio dos dereitos e liberdades da cidadanía en xeral, sexan as que sexan as súas conviccións, sempre que sexan respectuosas coas persoas e cos seus dereitos”, rematou a edil.

Por todo o anteriormente exposto, as e os socialistas solicitan na moción a aprobación de dous puntos para que se declare de nulo o decreto número 2024002002 -de data 14 de marzo do 2024 sobre celebración de matrimonios civís- e para que se redacte e aprobe un regulamento novo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------