O Grupo de Teatro “Bola 8” de Argentina chega ao Carballiño este sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Teatral “Bola 8” de Arxentina presentou esta mañá no concello do Carballiño a programación que traen para esta fin de semana no Auditorio Manuel María. Agora mesmo atópanse de xira internacional, que abarcará sete países e máis de 50 cidades.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o concelleiro de Cultura é un fito importante poder contar cunha compañía coma esta no Carballiño dentro da programación cultural deste municipio.

A actriz carballiñesa Josi Lage foi a encargada de presentar a esta compañía e ao actor e director Gabriel Faversani. Coñeceuno na súa xira por latinoamérica e fixo o posible por lograr que actuasen aquí, no Carballiño.

Para el é a terceira vez en Galicia. Trae para este sábado unha obra infantil, ás 12:00 horas e pola tarde, para público adulto, ás 20:00 horas. Coas súas actuación busca tocar temas sociais, e tamén a interacción co público.