Os alumnos do CEIP a Pontenova desfrutaron dunha xornada de competición e convivencia co programa “FGA nas aulas de primaria”

O programa de charlas “FGA nas Aulas de Primaria” visitou na súa sexta parada do curso escolar o CEIP A Pontenova, en Lugo.

Os máis de medio cento de alumnos que participaron nesta actividade posta en marcha pola Federación Galega de Automobilismo contaron coa visita dos integrantes da Escudería Pontenova, que falaron de motor, seguridade vial e anédotas da súa traxectoria deportiva na competición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante máis de unha hora, os alumnos atenderon as explicacións das charlas, nunha acción que conta coa colaboración de Supermercados GADIS e o apoio de Kalekói Lácteos e MS Vídeo, para posteriormente realizar o xa clásico turno de preguntas que deixou momentos de risos e felicidade.

Coma non, tamén recibiron as indicacións precisas para participar no concurso no que decorarán o Renault Clio Rally5 do equipo becado pola FGA, formado por Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey.

Nesta ocasión os alumnos do CEIP A Pontenova puideron ver de preto un Carcross e o Ford Sierra Cosworth de Benigno Martínez.