Este sábado, Ribadavia acolleu na igrexa da Madalena a segunda edición da Feira de Artesanía, Deseño Sustentable e Consumo Consciente do Ribeiro. A iniciativa xorde desde latinoamerica, por parte dunha artesá que utiliza elementos reciclados para elaborar accesorios e quixo implantar esta tradición tamén aquí. Esta edición creceu moito, pasando dos 18 ata os 27 artesáns dende diferentes partes de Galicia.
A súa organizadora considera que necesitamos cambiar a nosa forma de consumo da actualidade, volvendo a uns hábitos máis conscientes con respecto á sostenibilidade e a reciclaxe.
Para os expositores foi unha gran iniciativa e esperan que continúe no tempo, ao ver que a xente estaba moi animada a participar. Algúns deles dende o Ribeiro e outros de fora, todos coinciden que iniciativas coma esta e o trato co cliente son o máis enriquecedor destes mercados.