O Casino do Carballiño celebra os 60 anos do seu nacemento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Casino do Carballiño está en ano de celebración, e non é para menos, xa que cumpren 60 anos dende a creación desta entidade cultural en 1964. A súa actividade é frenética durante todo o ano, ofrecendo unha gran variedade de alternativas para todos os gustos e para todas as idades.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para celebrar este cumpreanos tan especial, teñen programados tamén varios eventos. O pasado sábado celebraron varias actuacións, tanto de propios alumnos coma os de guitarra como tamén doutras entidades coma Tiruleque Grupo de Teatro e cancións a cargo da Coral do Casino.