O Cine Club proxecta este venres o filme “Vidas pasadas”

Esta vindeira fin de semana temos dobre ración de cine no Cine Club Carballiño coa proxección de dous magníficos filmes. Comezan o venres día 19 con “Vidas pasadas”, primeira película de Celine Song, directora de nacionalidade canadiana e surcoreana, que foi finalista dos premios Oscar na categoria de Mellor película e Guión orixinal, tivo cinco nominacións nos Globos de Ouro, tres nos Bafta….

Unha fermosísima historia sobre o amor e o desamor, o paso do tempo e a imposibilidade de voltar atrás. Un filme conmovedor e sinxelo, que foi a auténitca revelación do ano 2023. Os pases serán os habituais, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. 

AVANTAR ACTIVIDADES