Coa participación do IES de Bande, IES Ferro Couselo ( Ourense), CEIP de Maceda, CEIP de Seixalbo ( Ourense), CEIP de Maside, Colexio Luis Vives ( Ourense) e Colexio Vila do Arenteiro ( O Carballiño).
Está confirmada a asistencia a este acto de José López Campos, exalcalde da Estrada e recente conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, na súa primeira visita ó Carballiño e á provincia de Ourense.
Actuación musical: Grupo RedeGaita.
Haberá agasallos de lotes de libros para as bibliotecas dos centros de ensino participantes.