A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha unha nova edición do programa ‘Día da Xuventude’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha unha nova edición do programa ‘Día da Xuventude’, que achegará á mocidade diversas actividades formativas e de ocio saudable e alternativo por un total de 30 concellos de toda Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tras o éxito de 2023, no que participaron máis de 4.300 mozos e mozas neste programa, apóstase de novo por ofrecer unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa arrancará a fin de semana do 26 e 27 de abril e rematará na primeira semana de xullo.

Unha das paradas desta programación será en RIBADAVIA o VENRES 26 de ABRIL de 16:00 a 21:00 h na Picuxa.

Contará coas actuacións de Nerea e Leonel (19:30 h) e de Abelo Valis Dj Set (20:30h).

As actividades son diversas e gratuítas e buscan a participación activa da mocidade de cada concello. Deste xeito ofreceranse obradoiros de:

  • Gastronomía saudable
  • Habilidades para a empregabilidade
  • Sensibilización medioambiental
  • Igualdade de xénero
  • Arte urbana
  • Actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box.
  • E actuación actuación musical dalgún artista local ao finalizar a xornada.

Máis información no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/28270-arranca-a-segunda-edicion-do-dia-da-xuventude