Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na “súa casa”

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) co músico ourensán Daniel Minimalia.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para o que están esgotadas as entradas desde hai máis de dúas semanas

Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin da xira “Terra”, o seu último disco publicado co que logrou o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose no primeiro artista galego en ter dito galardón

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán Daniel Minimalia, a quen agradeceu que peche a súa xira musical “Terra” na “súa casa” co concerto que ofrecerá este venres, 26 de abril, no Teatro Principal, para o que están esgotadas as entradas desde hai dúas semanas.

Daniel Minimalia regresa a Ourense dentro do fin da xira “Terra”, o seu último disco publicado co que logrou o Latín Grammy ao mellor álbum instrumental no ano 2020, converténdose no primeiro artista galego en ter dito galardón.

 “Recibimos a un veciño de Ourense que nos enche de orgullo co seu talento, traxectoria e numerosos recoñecementos”, salientou Luis Menor, quen agradeceu que “unha persoa como Daniel que conta cunha longa e consolidada traxectoria internacional, veña a súa terra natal para culminar esta xira musical cun concerto do que gozaremos todos este venres”.

Pola súa parte, Daniel Minimalia agradeceu á Deputación de Ourense que fixera posible este concerto e tamén “ao público que estaba esperando este concerto, xa que é moi bonito a nivel persoal sentirte tan querido na túa cidade”. Así mesmo, o artista ourensán asegurou que espera “ser un bo representante da miña terra e levar o nome de Ourense con orgullo por todo o mundo”.

O guitarrista e compositor é o primeiro español gañador de dous Hollywood Music in Media Awards e é autor de cinco traballos discográficos Akainik (2011), Cuentos Sonoros (2012), Arenas de Luna (2014), Origen (2016) y Terra (2020). Tamén é autor do libro “La Música Que Llevas Dentro” (2022).