O Centro Comercial Aberto premiará as compras do Día da Nai no comercio de proximidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación de Comerciantes do Carballiño anuncia a súa nova campaña para celebrar o “Día da Nai”. Levarase a cabo ata este domingo 5 de abril. Organizan un emocionante sorteo de tres vales de compra. A campaña convida a todos a visitar os establecementos asociados e compartir historias sobre as nosas nais para recibir recomendacións persoanlizadas sobre o agasallo perfecto para elas.

Ao realizar as compras, deberase rexistrar os tickets na páxina web do cca dentro desta campaña, para poder entrar no sorteo, que se celebrará o luns día 6 ás 12:00 horas a través das redes sociais do CCA.

Dende a asociación de comerciantes animan a todos a mercar no comercio local, onde ademais de moita variedade podemos atopar atención personalizada para datas coma esta.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------