A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación con concellos e entidades

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén autorizou a modificación do Plan de Cooperación en Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia, a petición destes concellos

Ourense, 29 de abril de 2024.

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno aprobou 250.971,06 euros en axudas para a cooperación con concellos así como con entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2024. Neste apartado, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria destas axudas, por un importe de 100.000 euros.

No que atinxe ás achegas a concellos, o de Amoeiro percibe 48.400 euros para o acondicionamento de camiños municipais en Quintás, Villavistosa e Outeiro. Ao de Larouco concédenselle 54.971,06 euros para o cofinaciamento de diversas actuacións. Por ultimo, o Concello de Toén recibirá 48.000 euros par a renovación do pavimento no núcleo de San Pedro de Moreiras.

Tamén foron aprobadas senllas modificacións do Plan de Cooperación ás obras e servizos municipais, CooperOU, en relación coas actuacións previstas en Ramirás e Xinzo de Limia. Ambos concellos solicitaron o cambio no obxecto das súas correspondentes asignacións (142.137,8€ e 250.000 euros, respectivamente).