Despois de 20 días O Carballiño volve a ter 7 casos activos por covid

Hai que ter moito coidado O covid aínda non se foi. Segue con nos. En Carballiño volve haber 7 casos e o índice por 100000 habitantes é de 50. A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 10. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, aínda que xa non é o único concello con casos activos.

O Irixo , logo de varias semanas libre de covid, sumou un caso hoxe. San Amaro e Boborás manteñen un caso

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.