O grupo municipal socialista alerta da perigosidade para as e os menores que podería ter ubicar a parada do pavillón de os Remedios no emprazamento anunciado polo alcalde

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A actual parada nin está correctamente sinalizada nin permite ás persoas acceder ou descender do vehículo en condicións de seguridade“, lembrou a edil do PSdeG María Fernández Ojea

E engadiu que situar outra xusto enfronte, segundo o afirmado polo rexedor, “supón un grave perigo para a rapazada que diariamente asiste ás instalacións deportivas”

Ourense, 29 de abril de 2024. O grupo municipal socialista alerta da perigosidade que pode supor para os e as menores, que se despracen ata ou dende o Pavillón de Os Remedios na nova liña 6 de autobuses, o emprazamento da parada, xusto enfonte, anunciada polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

“Fixo desaparecer dúas liñas, a 6A e 6B, e transformounas nunha soa coa excusa de dar un maior servizo ao barrio de O Couto. Mais agora o que temos é un paseo pola cidade cunha liña que tarda, aproximadamente, 53 minutos en pasar polas instalacións deportivas cando eles estimaban unha frecuencia horaria de cada 30 minutos”, criticou a concelleira do PSdeG María Fernández Ojea.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lembrou, neste senso, que “a actual parada nin está correctamente sinalizada nin permite ás persoas acceder ou descender do vehículo en condicións de seguridade”. “Ante esta situación foi o alcalde o que anunciou que faría obras para que o autobús parase directamente na calzada”, relatou e subliñou que suporá un obstáculo tamén para o tráfico nunha das arterias de saída da cidade de Ourense.

“Non contento con iso, afirmou que se habilitará unha parada xusto enfronte onde conflúen tres carrís de acceso á urbe”, advertiu incidindo en que un gran número dos usuarios e usuarias do Pavillón son menores de idade. “Isto supón un grave perigo para a rapazada que diariamente asiste ás instalacións deportivas, non dá servizo á infraestrutura e ademais hai que agardar por unhas frecuencias horarias elevadas, sen un lugar habilitado para elo, que superan os 60 minutos”, rematou contundente a concelleira

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------