O delegado territorial da Xunta recibe ao xefe provincial da Upa en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá en audiencia ao inspector xefe provincial da UPA, Breogán Rivo,  

No encontro analizaron as consecuencias de que o Ministerio do Interior non aumente o número de efectivos da Unidade Policía Adscrita á Comunidade de Galicia (UPA), que reduciu o seu persoal nos últimos anos.

COMERCIAL ORCELLÓN

Manuel Pardo lembrou que a cobertura destas prazas é unha reclamación insistente e constante do Goberno galego, xa que permitirían exercer plenamente e coa necesaria dotación as competencias que a Unidade ten asumidas en materias tan importantes como medio ambiente, incendios forestais, menores, violencia de xénero, patrimonio histórico e cultural, xogo, marisqueo ilegal ou urbanismo, entre outras.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------